Devolucións

Podo devolver calquera artigo que comprase en tenda.udc.es?

Si, a condición de que estea en perfecto estado e non fose usado.

No caso de que exista dúbida sobre o estado en que se realiza a devolución, sempre prevalecerá o criterio do persoal especializado de udc.es, logo da inspección e verificación do artigo, co fin de garantir que non se realizan devolucións fraudulentas de produtos que foron usados ou en mal estado.

Como debo facer para devolver un artigo?

Debes devolvelo na tenda UDC do SAPE. As pezas teñen que estar en perfecto estado e co seu correspondente ticket.

Cal é o prazo para poder realizar unha devolución?

O prazo para calquera devolución é de 20 días naturais desde a data de compra.

Teño que pagar algo pola miña devolución?

As devolucións na tenda da UDC son sempre gratuítas.

Como recibirei o importe da miña devolución?

Unha vez aprobada a devolución, recibirás o importe polo mesmo xeito en que realizaches a túa compra.

Cando recibirei o importe da miña devolución?

Tras aprobar a devolución (os artigos teñen que estar en perfecto estado e ter as etiquetas interiores) recibirás un correo electrónico confirmatorio coa indicación de que o importe se aboará na túa conta nuns días.

Lembra que o aboamento na tarxeta de crédito depende sempre da túa entidade bancaria. 

Como debo facer se o importe da miña devolución é incorrecto?

Póndote en contacto co SAPE da Coruña, solucionaremos o problema canto antes.

udc.es resérvase o dereito de rexeitar devolucións realizadas (comunicadas ou enviadas) fóra do prazo fixado, ou pezas que non se atopen nas mesmas condicións en que foron recibidas.

 

Vostede está aquí: TENDA DA UDC Guía de compra Devolucións