Información xeral.

En cantos idiomas se pode navegar?

 Os idiomas de navegación de udc.es son o galego e o español. O servizo ao cliente está dispoñible tamén en ambos idiomas.

Repoñen os artigos coa indicación “esgotado”?

 Se un artigo está esgotado, trataremos de repoñelo canto antes.

Como podo asegurarme de realizar ben a miña compra?

Unha vez feito o teu pedido, recibirás un correo electrónico de confirmación. Se non o recibises, ponte en contacto co noso departamento do SAPE da Coruña.

Podo eliminar algún artigo do meu pedido?

Si, sempre e cando o teu pedido non abandonase xa as nosas instalacións.

Podo cancelar o meu pedido?

Si. Poderás cancelar o teu pedido, desde a sección “Pedidos realizados” da túa conta.

  
Vostede está aquí: TENDA DA UDC Guía de compra Información xeral