Pago.

Que forma de pagamento podo utilizar para realizar a miña compra?

Podes pagar o teu pedido utilizando calquera destas tarxetas:Visa, Visa Electron, Mastercard ou American Express.
 
Por que razón pode ser rexeitada a miña tarxeta de crédito?

A túa tarxeta pode ser rexeitada por unha das seguintes razóns:

a) A tarxeta pode estar caducada. Comproba que non exceda a data de validez.
b) Pode que se acadase o límite da tarxeta. Consulta co teu banco que non excedese o importe permitido para efectuar compras.
c) Pode que algún dato introducido sexa incorrecto. Comproba que encheses correctamente todos os campos necesarios.

Podo obter unha factura a nome da miña empresa?

Si. Soamente tes que marcar a opción de EMPRESA en datos persoais e cubrir os datos fiscais que che pedimos.
 
Podo pedir a devolución do IVE ou tax-free?

Non é posible xa que o tax free só se aplica a produtos que se compran en tenda e son transportados por un mesmo.

É seguro usar a miña tarxeta de crédito na web?

Si, os datos transmítense de forma cifrada SSL. Para o pagamento con Visa e Mastercard só se aceptarán transaccións CES (comercio electrónico seguro). Tras verificar que a tarxeta está adherida ao sistema CES, o sistema contactará co banco que a emitiu para que o comprador autorice a compra. Cando o banco confirme a autenticidade, efectuarase o cargo na tarxeta. En caso contrario o pedido será cancelado.

 

Vostede está aquí: TENDA DA UDC Guía de compra Pago